Usamos cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y ofrecerte contenidos y publicidad relevantes para ti. Consulta nuestra política de cookies actualizada.
Kids&Us Vilagarcía de Arousa

Inscricións abertas ás Fun Weeks de Semana Santa

Publicado 05/03/2020 por Mini

Deixa de buscar, temos a mellor opción para as vacacións escolares de Semana Santa: as semanas temáticas 100% en inglés de Kids&Us Vilagarcía de Arousa.

As Fun Weeks sempre están preparadas cando chegan as vacacións escolares, e a próxima Semana Santa non podía ser diferente. Así que, os centros Kids&Us xa abriron o período de inscricións para que os nenos e nenas de 3 a 10 anos gocen coas semanas temáticas en inglés por excelencia.

Durante as Easter Fun Weeks, as semanas temáticas de Semana Santa, os nenos vivirán experiencias divertidas relacionadas coa Pascua e participarán nunha acampada imaxinaria do máis entretida. E como o faremos? Coas nosas actividades estrela: as horas do conto, as divertidísimas manualidades, os xogos e bailes e, o máis importante, nunha contorna 100% en inglés!

Que son as Fun Weeks?

As Fun Weeks son as semanas temáticas de Kids&Us que se organizan durante os períodos de vacacións e desenvólvense 100% en inglés. Os nenos divírtense á vez que aprenden grazas ao método natural de aprendizaxe propia de Kids&Us. As Fun Weeks van dirixidas a nenos e nenas de 3 a 10 anos, tanto para alumnos como para non alumnos Kids&Us. Organízanse grupos por idades, con 10 nenos por profesor como máximo, para asegurar o trato individualizado para cada un e desta maneira optimizar os seus resultados e aprendizaxe.

Os nenos e nenas farán unha inmersión no idioma nunha contorna lúdica e diferente durante as vacacións de Semana Santa. A mellor maneira de continuar aprendendo inglés é divertíndose!

Pide máis información no teu centro Kids&Us e reserva hoxe mesmo a túa praza para as próximas Fun Weeks!

Compártelo en >