Usamos cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y ofrecerte contenidos y publicidad relevantes para ti. Consulta nuestra política de cookies actualizada.
Kids&Us Vilagarcía de Arousa

Primavera de aventuras coas Easter Fun Weeks de Kids&Us

Publicado 14/03/2019 por Mini

En Kids&Us Vilagarcía de arousa as vacacións escolares son sinónimo de Fun Weeks e aventuras xeniais. Témolo todo listo para encher esta semana Santa de xogos, teatro, manualidades , cancións... E todo nunha contorna 100% en inglés para seguir aprendendo mentres o pasamos súper ben.

O Departamento Pedagóxico de Kids&Us preparou dúas temáticas fascinantes. Con Lost in Italy faremos un percorrido por toda Italia

 

Que son as Fun Weeks?

As Fun Weeks son os campamentos urbanos de Kids&Us que se organizan durante os períodos de vacacións. Desenvólvense 100% en inglés e os nenos e nenas divírtense á vez que aprenden grazas ao método natural de aprendizaxe propio de Kids&Us. As Fun Weeks son para nenos de 3 a 10 anos, tanto para alumnos como para non alumnos Kids&Us. Organízanse grupos por idades, con 10 alumnos por profesor como máximo, para asegurar o trato individualizado de cada neno e nena e, deste xeito, optimizar os resultados e a aprendizaxe de cada un deles.

Os nenos e nenas farán unha inmersión no idioma nunha contorna lúdica e diferente durante as vacacións de Semana Santa. É a mellor maneira de seguir aprendendo inglés mentres nos divertimos!

Pedide máis información no voso centro Kids&Us e reservade hoxe mesmo praza para as Easter Fun Weeks!

Compártelo en >