Usamos cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y ofrecerte contenidos y publicidad relevantes para ti. Consulta nuestra política de cookies actualizada.
Kids&Us Vilagarcía de Arousa

Os centros Kids&Us plantan cara ao frío do inverno coas Winter Fun Weeks, semanas temáticas cheas de actividades 100% en inglés.

Publicado 16/01/2019 por Minia Barreiro

Xa están a punto as Fun Weeks de inverno de Kids&Us e, como sempre, veñen acompañadas de aventuras e historias xeniais. O Departamento Pedagóxico de Kids&Us preparou tres temáticas fantásticas que nos levarán a coñecer aos grandes deuses da Antiga Grecia, a sucar os mares entre piratas e a descubrir que se esconde detrás dos trucos de maxia máis famosos.

Os nenos e nenas poderán axudar ao deus Poseidón a atopar o seu tridente, vivirán mil aventuras entre piratas para atopar un gran tesouro ou coñecerán os trucos de maxia clásicos. Todo mediante actividades como a hora do conto, actividades manuais, xogos e bailes, e nunha contorna 100% nun inglés rico e cheo de matices, coma sempre en Kids&Us.

Que son as Fun Weeks?

As Fun Weeks son as semanas temáticas de Kids&Us que se organizan durante os períodos vacacionais. Desenvólvense 100% en inglés e os pequenos divírtense á vez que aprenden grazas ao método natural de aprendizaxe propio de Kids&Us. As Fun Weeks son para nenos e nenas de 3 a 10 anos, sexan ou non alumnos de Kids&Us. Organízanse grupos por franxas de idade, con 10 alumnos por profesor como máximo, para asegurar o trato individualizado para cada neno e nena e, desta forma, optimizar os resultados e a aprendizaxe de cada un.

Os nenos e nenas farán unha inmersión no idioma nunha contorna lúdica e diferente durante as vacacións de inverno; a mellor maneira de seguir aprendendo inglés é divertíndose.

Pide máis información no teu centro Kids&Us e reserva hoxe mesmo praza para as Fun Weeks de inverno.

Compártelo en >