Usamos cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y ofrecerte contenidos y publicidad relevantes para ti. Consulta nuestra política de cookies actualizada.
Kids&Us Vilagarcía de Arousa

Vive o mellor Nadal coas Fun Weeks de Kids&Us!

Publicado 18/11/2019 por Mini

Estamos a punto para celebrar o Nadal da mellor maneira posible, coas Christmas Fun Weeks, os campamentos urbanos 100% en inglés máis divertidos.

O Departamento Pedagóxico de Kids&Us volveu a dar no cravo e preparounos dúas temáticas ideais para celebrar o Nadal xuntos. En World of Ice viaxaremos a un mundo xeado onde descubriremos animais conxelados no tempo, visitaremos castelos de xeo e coñeceremos pingüíns incribles. E en Christmas is Coming celebraremos o Nadal na mellor compañía: adornaremos a árbore, colgaremos os calcetíns… será máxico!

No marco destas dúas temáticas, os nenos e as nenas coñecerán historias fantásticas a través da hora do conto, farán manualidades, xogarán, cantarán cancións e pasarán unhas mañás moi entretidas. Sempre aprendendo un inglés de calidade, rico e cheo de matices, co selo de Kids&Us

Que son as Fun Weeks?

As Fun Weeks son os campamentos urbanos de Kids&Us que se organizan durante os períodos vacacionais. Desenvólvense 100% en inglés e os pequenos divírtense á vez que aprenden grazas ao método natural de aprendizaxe propia de Kids&Us. As Fun Weeks son para nenos e nenas de 3 a 10 anos, sexan ou non alumnos de Kids&Us. Organízanse grupos por franxas de idade, con 10 alumnos por profesor como máximo, para asegurar o trato individualizado para cada neno e, desta forma, optimizar os resultados e a aprendizaxe de todos e cada un deles.

Os vosos fillos realizarán unha inmersión no idioma nunha contorna lúdica e diferente durante as vacacións de Nadal. A mellor maneira de seguir aprendendo inglés é divertíndose!

Vinde ao noso centro para informarvos.

Hoxe mesmo podedes reservar praza para as Fun Weeks de Nadal.

 

Compártelo en >