Kids&Us Vilagarcía de Arousa

Inscricións abertas para os campamentos de verá

Publicado 10/06/2021 por Jaione Blanco

Se xa estás pensando nas vacacións de verán, tes que saber que temos a mellor opción para estes días: as Summer Fun Weeks, semanas temáticas 100% en inglés en Kids&Us Vilagarcía.

As Fun Weeks sempre están listas cando chegan as vacacións escolares, e este verán non podía ser diferente. En Kids&Us Vilagarcía xa abrimos o período de inscricións para que os nenos e nenas entre 3 e 10 anos gocen coas semanas temáticas en inglés por excelencia. Ademáis, os grupos son reducidos cun máximo de oito nenos e nenas segundo as idades e terán o mesmo monitor/a durante toda a semana.

Durante as Summer Fun Weeks, os nenos e nenas vivirán experiencias divertidas e sempre relacionaremos estas experiencias cunhas temáticas moi entretidas. Como o faremos? Coas nosas actividades estrela: as horas do conto, as divertidísimas manualidades, os xogos e bailes... Todo nunha contorna 100% en inglés!

Algunhas das temáticas que preparamos para este verán son: Secret Agents, Circus, Toys, Safari…. Queredes saber cales son os requisitos que pedimos aos nenos e nenas? Deben ter moitas ganas de pasalo ben, de facer mil actividades e de seguir aprendendo inglés.

O centro Kids&Us: un espazo seguro

Para garantir a seguridade de todos os nenos e nenas, as familias e os docentes, seguimos aplicando os protocolos de seguridade e hixiene para cumprir coa normativa marcada polas autoridades sanitarias. Os centros Kids&Us ofrecen un servizo único no cal a seguridade dos nenos e nenas ten a mesma importancia que a aprendizaxe do inglés.

Contacta connosco para máis información e para as inscricións.

Compártelo en >