Usamos cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y ofrecerte contenidos y publicidad relevantes para ti. Consulta nuestra política de cookies actualizada.
Kids&Us Vilagarcía de Arousa

Os nosos alumnos teñen o potencial… E nós a fórmula!

Publicado 16/05/2019 por Mini

Chegou a hora de coñecer a nova campaña de Kids&Us para o curso 2019-2020: the English Formula. Durante todos estes anos afianzamos a nosa esencia e demos forma a unha maneira única de aprender inglés, baseada na natureza, que se adapta ao crecemento e a evolución dos nosos alumnos e que os axuda a aproveitar todo o seu potencial.

Este ano, a química, presente en todos os aspectos da natureza, é o fío condutor dunha nova imaxe fresca e clara, que respira modernidade e que é capaz de transmitir que o método Kids&Us baséase en feitos probados. Todo é ciencia!

En Kids&Us os bebés senten en inglés, os nenos xogan en inglés e os adolescentes impúlsanse en inglés. Eles teñen o potencial e nós temos a fórmula para que aprendan inglés.

Dúas grandes novidades: Watch it in English y Dream in English

Por primeira vez, dous dos protagonistas da nosa liña editorial, Gina Ginger e Charlie Chives, darán o salto á televisión para facerche chegar dúas mensaxes moi importantes.

Coa primeira das accións, Watch it in English, Gina e Charlie propóñenvos que miredes os debuxos en inglés. En Kids&Us sabemos que a exposición ao inglés en idades temperás é moi positiva, e un xesto tan sinxelo como activar a versión orixinal da serie de debuxos preferida, pode ser un contacto moi valioso co novo idioma.

Esta acción empeza o próximo 15 de maio e poderédela ver pola tarde, diariamente, en Disney Channel.

Por outra banda, a hora de ir durmir forma parte da rutina diaria de todas as familias e desde Kids&Us queremos estar presentes para acompañar aos máis pequenos a descansar as horas necesarias para afrontar un novo día con enerxía. Coa acción Dream in English, Gina e Charlie viaxan a través do país dos soños, onde convidan os nenos e nenas a soñar en inglés.

Non te perdas a estrea do soño de Gina, o luns 27 de maio ás 21 h en Disney Channel.

O que nunca cambia

Os procesos, a potencia, a paixón e o traballo en equipo forman parte da nosa esencia e esta vez tamén quedan reflectidos na nova canción de campaña: Essentially us.

E como sempre, os nosos alumnos, volven ser os protagonistas do anuncio, do folleto informativo e de todas as aplicacións da nova campaña. Como a esencia, esta tamén é unha marca de identidade e estamos moi orgullosos. Para nós as campañas son marca da casa e desta maneira queremos agradecer a confianza que as familias depositan no noso método.

The English Formula, a nova campaña de Kids&Us, verá a luz durante o mes de maio e acompañaranos durante o próximo curso 2019-2020.

Compártelo en >