Usamos cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y ofrecerte contenidos y publicidad relevantes para ti. Consulta nuestra política de cookies actualizada.
Kids&Us Vilagarcía de Arousa

Universo

Conoce Cool Off de Kids&Us
Conoce Cool Off de Kids&Us

Conoce Cool Off de Kids&Us

É un feito que a chegada da COVID-19 cambiou moitos aspectos da nosa vida, pero non por iso deixamos de preparar as nosas actividades de verán coa máxima ilusión, para facer que as vacacións escolares sexan inesquecibles.  

Creamos novos protocolos de seguridade e hixiene, e adaptado as nosas actividades, para garantir que se cumpran todas as medidas que marquen as autoridades sanitarias. Queremos seguir ofrecendo un servizo único no que a seguridade dos nenos e as nenas ten a mesma importancia que a aprendizaxe do inglés. 

Que é Cool Off?

Os campamentos en inglés Cool Off by Kids&Us están pensados para que os vosos fillos e fillas gocen dunha auténtica experiencia de inmersión lingüística sen saír ao estranxeiro.

Nunha contorna incomparable e acompañados dos nosos profesores e monitores, os nenos e nenas vivirán aventuras máxicas especialmente deseñadas e creadas polo equipo pedagóxico de Kids&Us.

Uns campamentos pensados para alumnos Kids& Us, coa finalidade de asegurar a homoxeneidade de nivel en todos os grupos.

Obxectivos principais

O obxectivo dos nosos campamentos é que os nenos e nenas aproveiten o verán mentres aprenden inglés gozando e facendo actividades nunha contorna privilexiada. Por este motivo tivemos en conta todos os factores que consideramos clave para garantir que os vosos fillos pasen unha semana inesquecible connosco.

O Departamento Pedagóxico de Kids&Us deseñou coidadosamente o día a día dos nosos campamentos para garantir que os nenos e nenas gocen das actividades planificadas mentres aprenden inglés. Ademais de aprender vocabulario e estruturas novas en inglés, traballaremos valores moi importantes, como a tolerancia, o respecto e a convivencia. E mediante a temática da semana coñeceremos novas maneiras de vivir e de pensar.

Valores

Traballar nun contexto de ficción permitiranos facer voar a imaxinación e a fantasía dos nosos alumnos.

Todo o programa dos campamentos está pensado para que os nenos e nenas se identifiquen ó máximo coa temática que se traballa. A homoxeneidade de niveis fará que os vosos fillos e fillas poidan sacar máis proveito lingüístico da estancia, xa que sabemos perfectamente que contidos traballaron nos nosos cursos e isto permitiranos optimizalos e consolidalos para seguir construíndo unha base sólida en inglés.

Información e localización de campamentos

Onde

Zona Cataluña: na casa "El Molí de la Riera", situada no pobo de Sant Pere de Torelló (Barcelona), na zona da plana de Vic. Rodéaa unha contorna natural chea de paraxes singulares, aciñeiras e bosques de ribeira.

 

El Molí de la Riera

El Molí de la Riera, 08572 Sant Pere de Torelló, Barcelona
T938 58 45 00 · admin.cooloff@kidsandus.es

Casa e arredores

Quendas

El Molí de la Riera - quendas Cool Off 2016

Os campamentos preséntanse en formato semanal:

  • Do 24 ó 1 de xuño
  • Do 1 ó 7 de xullo
  • Do 8 ó 14 de xullo
  • Do 15 ó 21 de xullo
  • Do 22 ó 28 de xullo

*60 prazas por quenda

Temática

Benvido a un dos lugares máis calorosos da terra. Viaxa coa nosa caravana polas infinitas areas do Sahara e descubrirás os segredos que che depara o deserto. Non perdas unha semana chea de diversión con xogos, actividades e excursións, e ademais poderás coñecer o estilo de vida e a cultura dos habitantes do Gran Deserto.

Material didáctico

Todo o material didáctico creado para estes campamentos foi deseñado polo noso equipo pedagóxico coa finalidade de garantir a inmersión lingüística así como dar continuidade e reforzar os conceptos tanto orais como gramaticais aprendidos durante o curso nos nosos centros Kids&Us. Cada grupo de idade dispoñerá de materiais e contidos adaptados ao seu nivel de inglés.

Prezo e inscricións

O primeiro día de cada quenda será o domingo. Os papás deberedes acompañar aos nenos directamente á casa. Ás 18:00 h, todo o equipo de Kids&Us estaravos a esperar para darvos a benvida.

Os nosos campamentos diríxense a nenos e nenas de 7 a 13 anos, que sexan alumnos de Kids&Us ou que dispoñan dunha base oral en lingua inglesa que lles permita manter un discurso oral adecuado á súa idade de acordo cos niveis do noso método Kids&Us.

Para máis información, contacta co teu centro Kids&Us.

Inscricións online na páxina web de Cool Off by Kids&Us

inscricións

 

Equipo

O noso equipo

Monitores

Monitores

Monitores

Monitores

Monitores

Monitores

Onde

A granxa escola “La Vaca en Bicicleta”. Está situada en Madrid, a 6 km da localidade de Fuentidueña del Tajo.

La Vaca en Bicicleta

Dehesa Alarilla, s/n, 28597 Fuentidueña de Tajo, Madrid
T615 676280 · madrid.cooloff@kidsandus.es

Casa e arredores

Quendas

'La Vaca en Bicicleta' – Quendas Cool Off 2018
Os campamentos preséntanse en formato semanal:

  • Do 24 ó 30 de xuño
  • Do 2 ó 8 de xullo
  • Do 9 ó 15 de xullo

*60 prazas por quenda

Temática

Benvido a un dos lugares máis calorosos da terra. Viaxa coa nosa caravana polas infinitas areas do Sahara e descubrirás os segredos que che depara o deserto. Non perdas unha semana chea de diversión con xogos, actividades e excursións, e ademais poderás coñecer o estilo de vida e a cultura dos habitantes do Gran Deserto.

Material didáctico

Todo o material didáctico creado para estes campamentos foi deseñado polo noso equipo pedagóxico coa finalidade de garantir a inmersión lingüística así como dar continuidade e reforzar os conceptos tanto orais como gramaticais aprendidos durante o curso nos nosos centros Kids&Us. Cada grupo de idade dispoñerá de materiais e contidos adaptados ao seu nivel de inglés.

 

Prezo e inscrición

O primeiro día de cada quenda será o domingo. Os papás deberedes acompañar aos nenos directamente á casa. Ás 18:00 h, todo o equipo de Kids&Us estaravos a esperar para darvos a benvida.

Os nosos campamentos diríxense a nenos e nenas de 7 a 13 anos, que sexan alumnos de Kids&Us ou que dispoñan dunha base oral en lingua inglesa que lles permita manter un discurso oral adecuado á súa idade de acordo cos niveis do noso método Kids&Us.

Para máis información, contacta co teu centro Kids&Us.

Inscricións online na páxina web de Cool Off by Kids&Us.

 

Equipo

O noso equipo

Monitores Cool Off

Monitores Cool Off

Monitores Cool Off

Monitores Cool Off

Onde?

A casa de Corconte está situada no municipio de Campo de Yuso, nunha paraxe preciosa e de gran riqueza natural na Cantabria do Ebro.

Casa Corconte

Barrio Corconte, 29, 39294 Corconte, Cantabria
T94 277 8412 · santander.cooloff@kidsandus.es

Casa e arredores

Quendas

'Casa Corconte' – Quendas Cool Off 2018
Os campamentos preséntanse en formato semanal:

  • Do 2 ó 8 de xullo
  • Do 9 ó 15 de xullo

*60 prazas por quenda

Temática

Benvido a un dos lugares máis calorosos da terra. Viaxa coa nosa caravana polas infinitas areas do Sahara e descubrirás os segredos que che depara o deserto. Non perdas unha semana chea de diversión con xogos, actividades e excursións, e ademais poderás coñecer o estilo de vida e a cultura dos habitantes do Gran Deserto.

Material didáctico

Todo o material didáctico creado para estes campamentos foi deseñado polo noso equipo pedagóxico coa finalidade de garantir a inmersión lingüística así como dar continuidade e reforzar os conceptos tanto orais como gramaticais aprendidos durante o curso nos nosos centros Kids&Us. Cada grupo de idade dispoñerá de materiais e contidos adaptados ao seu nivel de inglés.

Prezo e inscrición

O primeiro día de cada quenda será o domingo. Os papás deberedes acompañar aos nenos directamente á casa. Ás 18:00 h, todo o equipo de Kids&Us estaravos a esperar para darvos a benvida.

Os nosos campamentos diríxense a nenos e nenas de 7 a 13 anos, que sexan alumnos de Kids&Us ou que dispoñan dunha base oral en lingua inglesa que lles permita manter un discurso oral adecuado á súa idade de acordo cos niveis do noso método Kids&Us.

Para máis información, contacta co teu centro Kids&Us.

Equipo

O noso equipo

Equipo Cool Off

Equipo Cool Off

Equipo Cool Off

Equipo Cool Off

Equipo Cool Off

Equipo Cool Off

Compárteo en >
Pidenos máis información!

Escríbenos! Contestaremos con moito gusto todas as túas preguntas relacionadas coas nosas actividades e requisitos de admisión.

Pedir información
Vive unha experiencia de inmersión lingüística total

Máis sobre Kids&Us