É un feito que a chegada da COVID-19 cambiou moitos aspectos da nosa vida, pero non por iso deixamos de preparar as nosas actividades de verán coa máxima ilusión, para facer que as vacacións escolares sexan inesquecibles.
Creamos novos protocolos de seguridade e hixiene, e adaptado as nosas actividades, para garantir que se cumpran todas as medidas que marquen as autoridades sanitarias. Queremos seguir ofrecendo un servizo único no que a seguridade dos nenos e as nenas ten a mesma importancia que a aprendizaxe do inglés.
A unión fai a forza. Por iso, Kids& Us combina nos English& Fun dúas das cousas que máis lles gustan aos teus fillos: o inglés e a súa actividade ou deporte favorito.
Os English&Fun son campamentos semanais para os períodos de vacacións escolares, nos que a aprendizaxe do inglés súmase a unha actividade lúdica ou deportiva organizada por unha entidade externa a Kids& Us.
Imaxínaste un plan mellor para o teu fillo que pasar unha semana facendo as dúas cousas que máis lle gustan?
Inglés
Kids& Us ofrece 3-4 horas ao día de aprendizaxe de inglés mediante uns contidos únicos e orixinais, elaborados polo Departamento Pedagóxico de Kids& Us, con actividades temáticas 100% en inglés.
Deporte ou lecer
Entidades lúdicas ou clubs deportivos poden unir a práctica da súa actividade coa garantía de aprendizaxe de inglés de Kids& Us.
Kids& Us vai máis aló das aulas dos nosos centros, por iso, English& Fun desenvólvese en colaboración cunha entidade lúdica ou deportiva e realízase nas instalacións da entidade colaboradora.
É un campamento semanal de todo o día, na que se realiza, por separado, o inglés e a actividade propia da entidade.
Por unha banda, a entidade colaboradora planificará as actividades de lecer ou deportivas e, doutra banda, Kids& Us planificará as horas de inglés con actividades temáticas semanais que permitirán a inmersión lingüística dunha forma divertida e natural.
Escríbenos! Contestaremos con moito gusto todas as túas preguntas relacionadas coas nosas actividades e requisitos de admisión.
Pedir información