É un feito que a chegada da COVID-19 cambiou moitos aspectos da nosa vida, pero non por iso deixamos de preparar as nosas actividades de verán coa máxima ilusión, para facer que as vacacións escolares sexan inesquecibles.
Creamos novos protocolos de seguridade e hixiene, e adaptado as nosas actividades, para garantir que se cumpran todas as medidas que marquen as autoridades sanitarias. Queremos seguir ofrecendo un servizo único no que a seguridade dos nenos e as nenas ten a mesma importancia que a aprendizaxe do inglés.
Durante os períodos vacacionais, é frecuente buscar actividades que permitan ocupar aos nenos e nenas e que conteñan diversión e aprendizaxe. Coa intención de cubrir esta necesidade, Kids&Us desenvolveu unha serie de propostas cheas de diversión en inglés.
O obxectivo das Fun Weeks é que os alumnos fagan inmersión lingüística en inglés durante estas semanas temáticas. As nosas Fun Weeks ofrecen un contexto adecuado para cada grupo de idade cheo de actividades tales como xogos, bailes, teatro, manualidades...
Hai uns anos, Kids&Us iniciou un proxecto moi ambicioso con expectativas innovadoras. Desde entón dispoñemos dun equipo de persoas co principal obxectivo de elaborar as Fun Weeks con contidos únicos e exclusivos das nosas escolas.
Creamos un produto propio de calidade pensado non só para que os nenos simplemente gocen dunhas xornadas lúdicas en inglés, senón para que interioricen vocabulario e expresións neste idioma mediante cancións, contos, teatro, manualidades e xogos. Coidamos o mínimo detalle para poder ofrecer contidos adecuados e que teñan sentido para cada grupo de idade.
Cada semana mergullámonos nun novo mundo mediante historias diferentes creadas especificamente para mellorar e axilizar a adquisición do idioma.
Para traballar estes temas realizamos diferentes actividades, exclusivamente en inglés, divididas en grandes bloques:
* Consultar no centro.
Escríbenos! Contestaremos con moito gusto todas as túas preguntas relacionadas coas nosas actividades e requisitos de admisión.
Pedir información