Little Chef é o resultado do esforzo do equipo de especialistas do departamento pedagóxico, que traballa para crear contidos exclusivos e únicos cun obxectivo moi claro: facer que o aprendizaxe ol inglés sexa unha experiencia interesante e estimulante para os nenos e as súas familias.
Creamos un taller de cociña propio, pensado para que os nenos experimenten coa comida, proben novos sabores e descubran que cociñar pode chegar a ser moi divertido. E todo iso en inglés!
As receitas de Little Chef pertencen na súa maioría á cultura anglosaxoa e son divertidas e saudables. Aprenderemos a preparar Oven Free Oatmeal Cookies, Apple Grape Salad, Banana Split ou Yogurt Parfait, nomes moi curiosos para facer da cociña unha ferramenta de inmersión en inglés moi orixinal.
A finalidade de Little Chef é que os nenos e nenas interioricen vocabulario e expresións relacionados coa cociña mentres viven a experiencia de cociñar de forma divertida e en familia.
- Nivel 1, para nenos de 3 a 6 anos, acompañados dun adulto.
- Nivel 2, para nenos a partir de 7 anos, con ou sen acompañante.
¡Escríbenos! Contestaremos con mucho gusto todas tus preguntas relacionadas con nuestras actividades y requisitos de admisión.
Pedir información