Usamos cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y ofrecerte contenidos y publicidad relevantes para ti. Consulta nuestra política de cookies actualizada.
Kids&Us Vilagarcía de Arousa

Universo

Conoce las horas del cuento para Babies de Kids&Us
Conoce las horas del cuento para Babies de Kids&Us

Que é unha Storytime for Babies?

A hora do conto para bebés é a representación dunha historia a través de diferentes personaxes, cancións e material complementario, que ten como obxectivo que os nenos de 1 e 2 anos gocen dun espectáculo en inglés en compañía dos seus familiares.

En que consiste?

Nas nosas Storytimes for Babies interprétanse contos pensados e creados polo equipo pedagóxico de Kids&Us. Estas representacións contan aos máis pequenos historias que teñen sentido para eles e son divertidas e de fácil comprensión, e que lles estimulan a interactuar cos personaxes.

Como se realiza?

Kids&Us realiza esta actividade fóra do centro e, en moitos casos, en colaboración con entidades como bibliotecas, centros cívicos, librerías ou espazos nos que normalmente actúan contacontos.
Ao ser un espectáculo dirixido aos pequenos da casa, apoiámonos en cancións e materiais visuais. Ademais, os actores que dan vida aos personaxes sérvense da súa gran expresividade para captar así a atención dos nenos á vez que conseguen a súa participación e complicidade.

Datos básicos

  • Idade: esta actividade diríxese a nenos e nenas de 1 e 2 anos, sempre acompañados de adultos.
  • Calendario e horario: cada centro ten o seu propio calendario e horario de actividades.
  • Duración da actividade: 25 minutos.

 

Compárteo en >
¡Pídenos más información!

¡Escríbenos! Contestaremos con mucho gusto todas tus preguntas relacionadas con nuestras actividades y requisitos de admisión.

Pedir información
Despertamos a imaxinación dos máis pequenos

Máis sobre Kids&Us