Explora o verán coas Fun Weeks!
Publicado 11/05/2017Un verán en inglés
O obxectivo das Fun Weeks de verán é que os nosos alumnos sigan en contacto co inglés durante as vacacións escolares dunha maneira divertida e moi natural: xogando, cantando, facendo manualidades ou realizando actuacións. Esta actividade forma parte do Universo 360º de Kids&Us que ten como misión que a aprendizaxe dos nosos alumnos traspase as aulas. Así, desde Kids&Us ofrecemos actividades e produtos para garantir un contacto pleno dos nosos alumnos co inglés.
Semanas temáticas e independentes
As Fun Weeks de verán de Kids&Us teñen unha duración dunha semana e son independentes entre si para ofrecer unha máxima flexibilidade a todas as familias. Cada Fun Week segue unha temática diferente e todas as actividades están totalmente vinculadas ao eixo temático. Así, viaxaremos ata a terra dos faraóns con “Ancient Egypt”, descubriremos o mundo do cinema en “Movies” e aprenderemos trucos de maxia impresionantes en “Magic”.
Se desexas máis información, ponte en contacto connosco.