Usamos cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y ofrecerte contenidos y publicidad relevantes para ti. Consulta nuestra política de cookies actualizada.
Kids&Us Vilagarcía de Arousa

Kids&Us chega a Casablanca

Publicado 10/09/2016 por Kids&Us

Este mes de setembro de 2016, un novo continente abre as súas portas a Kids&Us: África. Casablanca, en Marrocos, é a cidade escollida por Kids&Us para facer a súa primeira incursión no continente africano.

Marrocos é o 9º país do mundo e o terceiro continente onde impartiremos o noso método de aprendizaxe do inglés Natural English, unha metodoloxía propia levada a cabo polo equipo pedagóxico de Kids&Us baseado na inmersión lingüística e no aprendizaxe temperán. Actualmente, Kids&Us ten presenza en España, Andorra, Portugal, Italia, Francia, Bélxica, República Checa e México.

Con esta apertura, Kids&Us segue avanzando no obxectivo de expansión segundo o cal quere gañar presenza internacional. Así, o norte de África é unha porta de acceso a un continente con moito potencial onde esperamos arraigar a nosa metodoloxía e conseguir que máis nenos e nenas aprendan inglés seguindo os parámetros de excelencia e de compromiso da marca.

En setembro de 2016 a rede de Kids&Us estará formada por máis de 300 centros en todo o mundo e máis de 90.000 nenos e nenas estudiarán inglés seguindo o método Natural English.

Compárteo en >