Usamos cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y ofrecerte contenidos y publicidad relevantes para ti. Consulta nuestra política de cookies actualizada.
Kids&Us Vilagarcía de Arousa

Kids&Us reúne ós seus profesionais na Convención Anual

Publicado 01/09/2016 por Kids&Us

Máis de 700 persoas se reuniron na Convención Anual de Kids&Us os días 7, 8 e 9 de abril en Port Aventura, Tarragona. A cita reuniu ós profesionais da central de Kids&Us, ubicada en Manresa (Barcelona), e franquiciados e directores de centros procedentes dos 8 países onde a empresa está presente: España, Andorra, Francia, Italia, Portugal, Bélxica, República Checa e México.

A Convención foi o escenario perfecto para reforzar o networking. Conferencias, presentacións e unha actividade de team building no parque de atraccións, completaron unha cita obrigada no calendario de Kids&Us.

As cores de Kids&Us en todo o mundo

Da man da fundadora de Kids&Us, Natàlia Perarnau, e o director xeral, Quim Serracanta, os asistentes coñeceron tódalas novedades da empresa de cara ó próximo curso.

Ademáis, como cada ano, un dos momentos máis esperados da Convención Anual foi a presentación da nova campaña de comunicación de Kids&Us, a cargo de Susanna Sala, a directora creativa da empresa. Das súas palabras destacamos que Speak in Colours representa a forza das cores, “un universo onde os nenos aprenden a través das sensacións e as emocións. A cor é unha parte esencial do ADN de Kids&Us e con esta nova campaña de comunicación queremos mostralos a todo o mundo”.

Novo curso, novos retos e sensacións únicas

Kids&Us comezará un novo curso co reto de chegar ós 100.000 alumnos en máis de 300 centros en todo o mundo. A expansión internacional foi un dos principais focos do encontro, xa que Kids&Us planea continuar crecendo en América e dar o salto ós mercados de África e Asia. 

Unha vez acabada a Convención, Natàlia Perarnau declaraba que “se notou unha enerxía brutal e que foi recíproca. A Convención foi realmente emocionante, e unha vez máis conseguimos sorprender a todos os asistentes”.

Compárteo en >