Many Monsters: A estrea dos novos personaxes do Universo Kids&Us
Publicado 21/11/2017Xa chegou o día: Kids&Us volve innovar na súa liña editorial e sorpréndenos de novo cunha colección de libros pensada especialmente para nenos de 3 a 5 anos coa que vivirán novas aventuras da man duns personaxes únicos: os Many Monsters.
Os “Many Monsters” son uns personaxes monstruosamente entrañables con características únicas. Cada un é especial. Tes ganas de coñecelos?
Nori Nosy, a primeira dos Many Monsters.
A primeira que coñeceremos é Nori Nosy. De suave pelo turquesa, é o monstro máis curioso de todos os Many Monsters. Coa súa inseparable lupa, é capaz de atopar todo aquilo que desaparece.
Hoxe Nori e a súa familia teñen unha festa de aniversario, pero non poderán ir ata que non terminen de arranxarse. Coa súa lupa, Nori deberá buscar todo o que non atopan.
O libro inclúe a lupa e funciona con Talking Pen
Coa lupa que acompaña ó libro, os lectores poderán axudar a Nori e descubrirán moitas outras sorpresas máis. Ademais, co Talking Pen poderemos ler o libro aos nosos fillos cunha pronuncia impecable.
Faite co teu exemplar na Online Shop ou no teu centro antes de que se esgoten. Son monstruosamente irresistibles!