O noso equipo
O noso equipo
A nosa prioridade é atopar persoas que poidan ensinar e motivar aos nenos a aprender inglés, que conecten e teñan empatía cos máis cativos. Un gran dominio do inglés, dinamismo, profesionalidade, empatía e unha gran motivación polo seu traballo son as principais características do noso equipo docente.
Presentámosvolos a continuación:
Steve é un profesor experimentado cunha grande traxectoria profesional. Titulado pola Universidade de Oxford en linguas modernas e especializado na ensinanza de idiomas, impartiu clases de inglés ao longo da súa vida profesional en Australia, Colombia, Rusia ou Canadá. Comprometido co proxecto Kids&Us, esfórzase por que nenos e nenas gocen das sesións mentres aprenden.
A mais nova da familia Kids&Us, Samaira naceu en Escocia rodeada de bebés aos que coidaba a súa nai. Entregada ximnasta, foi adestradora de nenos e nenas nesa disciplina, monitora de actividades de lecer e profesora de inglés. Agarimosa e responsable, xa é unha profesora experimentada na metodoloxía Kids&Us.
Kelly é graduada en Educación infantil e unha apaixonada da lectura e o ioga, unha combinación harmoniosa e moi interesante. Nacida en Bélxica, fala inglés, neerlandés, español e portugués. Profesora multiaventura, goza da ensinanza, xa sexa impartindo os cursos Kids&Us ou transformándose nunha actriz de teatro, unha mestra cociñeira ou unha tola científica.